Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta.
A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes épocas. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo estritas normas que as sinalaban como inferiores.
Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.
Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto.
Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.
Un completo e interesante manifesto contra todo tipo de violencia de xénero.
No hay comentarios:
Publicar un comentario