É esta unha colección de contos de temáticas diferentes, anque a maior parte deles teñen un runrún de connotacións sexuais, aínda que tratadas de xeito moi delicado. Sexa a historia que sexa, nunca chega a incomodar ao lector.
Son historias que establecen unha ponte entre o real e o imaxinario, ambientadas en sitios tan dispares e lonxanos coma Viena, Estambul ou as frías augas dos mares de Terranova.
Un libro estraño ao que hai que enfrontarse coa mente aberta e libre de prexuicios. As historias que máis me gustaron foron a primeira, que me recordou a canción de Iva Zanicchi "la riva bianca, la riva nera" un alegato contra la guerra, "Paulos de Taragoña", descarnada, e a última, "Final feliz", que da título ao libro.
Un libro inesperado que ten o seu aquel.
