Marianne e Connell son dous adolescentes que só teñen en común a vila irlandesa onde viven. Ela é altiva e marxinada mentres que el é un dos rapaces máis populares do seu instituto.
Comezan unha relación secreta que cambia as súas vidas. O intenso vínculo entre eles continúa anos despois, no seu paso pola universidade, e marcará a súa entrada na vida adulta.
A pesares da fama do libro, non me gustou moito. É certo que trata un montón de temas: a diferencia entre as clases sociais, o maltrato interfamiliar, o sadomasoquismo, o bullying, as enfermedades mentais, a pescuda da propia identidade,...Pero fíxoseme longa, pesada, con capítulos densos, moi lenta.
E non conectei cos personaxes, agás Lorraine, a nai do protagonista.






