O inspector Mateo, da Brigada Criminal de Vigo, e o seu equipo teñen que investigar a morte con ensañamento de tres anciáns que, aparentemente, non teñen ningún nexo común.
Non saben por onde tirar cando reciben o chamado dun descoñecido que se identifica como autor confeso das mortes que está a investigar o equipo e empeza a darlles pistas.
Pouco a pouco os axentes van descubrindo o que nunca pensaran que se podía agachar tras as mortes dos anciáns: unha inmensa trama de corrupción e explotación infantil que se prolongou durante moitos anos e na que están implicados xerifaltes de todos os estamentos.
Un libro ben escrito, interesante e entretido, pero moi, moi duro.
