Maxa é unha rapaza de quince anos que, de súpeto, ten sobre as súas costas un montón de responsabilidades porque pasa de vivir cos seus pais a ter que facerse cargo do seu irmán pequeno e vivir cos avós xa que os pais vense na necesidade de emigrar a Francia.
Aínda que os avós quedan ao cargo, pronto a nena ten que atender un sinfín de tarefas na casa e, polo tanto, renunciar á vida que levaba ata agora.
Escrita en primeira persoa, Maxa tamén protesta, opina, expón o seu estado de ánimo, chora, ...
É unha novela crítica coa sociedade da segunda mitade do século XX, contra a discriminación da muller, a emigración, o alineamento da sociedade de consumo, etc
Está ben, pero ás veces custa un pouco porque non avanza, da vinte reviravoltas.
