Mostrando entradas con la etiqueta rober cagiao. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta rober cagiao. Mostrar todas las entradas

martes, 27 de febrero de 2024

ENTROIDO

O asasino do martelo sembra o pánico en Galicia a comezos do século XXI. Dúas décadas máis tarde a filla da súa derradeira víctima, hoxe inspectora Lola Xallas, é a encargada de investigar o asasinato do empresario catalán Tony Torres en Barcelona.

 Alí coñecerá a Olvido, xornalista e principal sospeitosa, e comezará unha carreira na que o pasado retornará enmascarado entre traizóns, mentiras e unha caza mortal.

Co son do chifre arrancará o Entroido e os peores pesadelos voltarán para enfrentala á verdade e irá descubrindo que nada ni ninguén son o que parecen.

Gustoume. Nótase moito a rodaxe deste autor. Mantén o interés de principio a fin. Historia complexa e coherente.