Christopher Boone ten quince anos, é un experto en ciencias e matemáticas, sabe as capitais d e todos os países do mundo e os números primos ata o 7507, pero ten dificultades para relacionarse con outras persoas.
Unha noite atopa a Wellington, o can da veciña, atravesado por unha forca de xardín, e decide comezar unha investigación para descubrir o asasino.
Mentres leva a cabo as súas pescudas, que converte nunha novela policial, cuestionará a lóxica do mundo que o rodea e desvelará certos misterios que van alterar, e moito, a súa vida metódica e ordenada.
Unha trama moi ben construída. Aínda que comeza coma unha novela policial ao uso, xa que aparece un cadáver e investígase a súa morte, quen matou ao can non é o máis importante da trama, senón amosar a realidade persoal e social. Gustoume, anque é un poco estrano.
