Sol Cortés decide darlle un xiro radical á súa vida. Deixa a cidade onde vive e o seu traballo como padronista de Inditex para regresar a Umeiro, a súa vila natal, despois de moitos anos, e abrir unha libraría.
Aos poucos días aparece brutalmente asasinado Xan Sequeiro, un veterinario introvertido e cun don especial para curar animais.
A trama céntrase na investigación paralela deste crime que realiza Sol, a petición do irmán da víctima, e durante as súas pescudas xorden unha morea de personaxes peculiares e sorprendentes que amosan, unhas veces con humor e outras con gravidade, temas da sociedade actual que invitan á reflexión.
Ao longo da historia visibilízanse colectivos minoritarios que reivindican o valor da diferenza e rachan cos prexuízos.
Unha novela coral e divertida, con moita retranca, que consegue manter a intriga ata o final.
,
