Esta é unha novela sobre unha fuxida.
A súa protagonista foxe da dor, da perda, dunha realidade incerta, da gaiola de ouro que os homes queren construír para pechala e admirala, da opresiva camisa de forza das convencións sociais.
E para acadalo emprega a ironía e o seu propio corpo como armas, como camiño cara a unha redención que sospeita imposoble.
E así a súa pel e a súa mente converténse nun lenzo que, devagar, vaise esgazando polas unllas dos demais, emerxendo baixo o estigma da loucura ou, quizais, da clarividencia.
Unha novela que nos cuestiona sobre os límites. Da liberdade ou da moral. E, de fondo, as voces doutras mulleres, María, Zelda e Simone. que, entre disputas e risas, a comprenden, a xulgan e a compadecen, mentres unha nena constrúe sobre o chan satelos con bloques de cores.
Impactante.

No hay comentarios:
Publicar un comentario