Emma Cruz é avogada e profesora de Dereito Penal.
Trasládase a Merlo para impartir clases na Universidade, sen saber que ese lugar está marcado pola desgraza.
A súa chegada coincide co 25 aniversario da desaparición das irmás Giraud, Sofía e Branca, ás que semella que tragou a terra.
Emma axiña descubrirá que a maioría dos habitantes de Merlo gardan segredos inconfesables, algúns deles imposibles de dixerir.
Debido á súa curiosidade natural, a profesora empeza a pescudar na desaparición das irmás, pero pronto atópase cun muro infranqueable.
Un thiller psicolóxico onde nada é o que parece que te atrapa dende o primeiro momento.
Anque o final está executado con profesionalidade, queda moi aberto e pide a berros unha segunda parte.

No hay comentarios:
Publicar un comentario