viernes, 23 de febrero de 2018

NON HAI NOITE TAN LONGA

Gabriel Lamas, de cincuenta anos, vive en París desde hai máis de trinta anos, cando se foi da súa vila natal de Monteverde, fuxindo da sociedade pechada do seu pobo e da vergoña de ser o fillo dun home acusado inxustamente dun delito polo que foi condenado a varios anos de cadea.
Volve para o enterro da súa nai e, na vella casa, atópase coa ánima do seu pai que lle pide lle faga xustiza.
Unha lectura engaiolante desde o principio. Hase notar o oficio do autor.
Áceda crítica da sociedade baixo a dictadura e tamén nos tempos posteriores, sobre todo nas vilas pequenas, pero tamén é unha lectura de esperanza no futuro e na bondade humana.


No hay comentarios:

Publicar un comentario